domingo, 15 de abril de 2018

14 de abril de 2018: Crónica dun día ditoso.O Rescate de M. X. Fernández Mariño

Achegábao o tataraneto do homenaxeado, Francisco Ramón García Fernández –colaborador de El Correo Gallego– que realmente Cuntis é hoxe a Capital da Cultura Médica de Galicia por mor duns actos fantasticamente organizados polo citado concello. Todo xorde en base a unha proposta que a Plataforma Veciñal para a Recuperación do Patrimonio Termal rexistra para que se lle renda a debida homenaxe a Manuel Xacobe Fernández Mariño, a cal foi levada a pleno e aceptada por unanimidade de todos os membros das diversas agrupacións políticas (PSOE, BNG, PP e Veciñanza). Nos actos, celebrados na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres, e guiados polo propio concelleiro de Cultura –Diego Torres Iglesias– fíxose moito fincapé na necesidade de recuperarmos a memoria dos nosos fillos ilustres, aqueles que –como Fernández Mariño- souberon compatibilizar ciencia con humanidades, progreso con respecto e conservación dos nosos recursos e testemuños arqueolóxicos. Nesta liña discorre o discurso de Cristina Eiras Leal, presidenta da Plataforma; liña que a continuación tamén asume o profesor Francisco Díaz-Fierros (en representación do Consello da Cultura Galega). Este traerá, ata unha sala de conferencias totalmente ateigada, citas non só ao homenaxeado, senón igualmente a Domingo Fontán (fillo da bisbarra do Umia) a Antonio Casares, Gómez Bedoya e outros. As gabanzas pola celebración deste acto tamén chegan da man do Presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero, que gustou de se mergullar na historia desa institución (da que formou parte o propio Fernández Mariño).

A mesa de autoridades, presidida polo alcalde do Concello de Cuntis –Manuel Campos Velay-, e acompañado pola presidenta da plataforma, polos profesores Díaz-Fierros e Otero, polo concelleiro de Cultura e o representante da familia –Francisco García Fernández– tivo o mérito de atraer a un público do máis diverso: veciños das localidades de Cuntis e Caldas de Reis, antigos propietarios do Balneario Acuña dese último concello, unha multitude de institucións, entre outras tres ex decanos da Facultade de Medicina –nomeadamente os profesores Juan Gestal, José María Fraga Bermúdez e Joaquín Potel–, evidentemente unha ampla representación familiar (que se despraza algunha dela dende a capital do Estado, e dende outros lugares), investigadores e escritores recoñecidos (como Xoán Xosé Fernández Abella, Fernando Salgado Varela, Manuel Gago...), directores de museos tamén emblemáticos como o de Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal (cargo que ocupa Antonio González Millán), a deputada provincial Eva Villaverde e o ex Delegado Provincial da Consellaría de Medio Ambiente Juan Froján. Os actos na casa da cultura remátaos o alcalde do municipio anfitrión, Manuel Campos Velay, que agradece a presenza de todos os asistentes e clausura cun alegato: “todas as augas termais son públicas”.
Seguidamente, guiados polo responsábel de turismo –Manuel Martínez, alias de Roque–, as institucións e todos os asistentes visitan a Praza de Galicia, onde se explica a historia da burga Lume de Deus (construída en tempos do emperador Tiberio, 14 d.C. aproximadamente). Os actos finalizan ao pé da burga da Rúa Real, ou do Baño Romano, onde Manuel Xacobe Fernández Mariño descobre unhas instalacións balnearias da época clásica (e que se conserva na actualidade no subsolo por recomendación del mesmo) e manda construír unha fonte de auga quente pública, concretamente en 1835.

E si, moitas persoas viñeron á vila das augas quentes dende recunchos ven diversos: A Pobra do Caramiñal, Compostela (con Uxío García Fernández de abandeirado), Caldas de Reis, Meis, Pontevedra, Sevilla, A Coruña... E malia as significativas ausencias (que non merece a pena nin citar) os actos foron emotivos, emocionantes e dun nivel moi elevado... E cando sinalo emotivos e emocionantes resultan ser tamén polo feito de que –ao compás do himno galego– fosen os bistataranetos de Manuel Xacobe Fernández Mariño os que descubran a lousa laudatoria.

Previamente e logo de ser convocado a esta ágora, Fernández Mariño, valéndose das cordas vogais de Manuel Martínez, quixo pronunciar aquelas mesmas palabras que había máis de 150 anos pronunciara para clarificar feitos sobre as augas de Cuntis e achados de publicidade manifesta. Realmente un acto para recordar e que, en verbas do alcalde da localidade termal, debería ser emulado por concellos como o de Caldas de Reis –representado polo seu tenente alcalde, Manuel González Martínez– e tamén o de Ribeira e Compostela (baixo o punto de vista dos promotores desta iniciativa social).

E traemos até aquí os textos de Manuel Xacobe lidos ao pé da burga, da súa burga, da fonte comunitaria que é de todos e de ninguén en particular:

Cartaz dos actos elaborado por
Martiño Picallo
“En el mes de Junio del año de 1831 he descubierto debajo de un manantial de agua mineral, que brotaba en el centro del pueblo, un grande baño de construcción romana, a la profundidad de dos varas bajo el nivel de la calle principal, con paredillas muy compactas, formadas de argamasa y piedras muy menudas, en cuya capacidad hueca de doce pies, cuatro pulgadas y cuatro lineas y media de longitud; y doce pies, una pulgada y nueve lineas de latitud, se acomodan cuarenta bañistas a la vez, su fondo enlosado de guijos de diferente magnitud y figura irregular, sin pulimento. Presenta cuatro abundantes manantiales que le llenan en una hora y veinte minutos de agua mineral sulfurosa a la temperatura de 43 º Reaumur (53º Centígrados). Sobre una pared de este baño se halló una pequeña estatua de metal, que figura ser un Edil romano, y una inscripción en lo interior de la pared, al lado de una corona, que desgraciadamente destruyeron los operarios. Con la descripción de este baño he remitido copia dibujada de la estatua a la Junta Superior Gubernativa de Medicina y Cirujía, en cuyo archivo debe existir. 

El local de este baño situado en medio del pueblo, al borde de la calle y la carretera principal no me permitió darle otro cultivo que cerrarlo perfectamente sin alterar su fábrica, elevando sus antiguas paredes, cubriéndolas con piedra de sillería, y dividiendo toda el agua en dos porciones iguales, una para fuente pública continua, y otra para conducirla por una cañería a la casa de baños nº 5, nombrada de Sta. María, que dista treinta y ocho pasos, y emplearla en baños de chorros y estufas. De este modo permanece actualmente”.

(texto que leva data de 1844)

“No dejé de agotar todos los recursos que me fueron posibles para aprovechar las aguas de este baño, nuevamente descubierto, con algunos gastos que he hecho y que estoy haciendo a expensas de la pequeña producción de la Casa de Baños nombrada de Santa María, de algunos con que también contribuyeron los vecinos del pueblo para tener alguna parte de esta agua, en dos caños, para sus menesteres y usos domésticos (…)”.

(texto datado en 1832)

Ningún comentario:

Publicar un comentario