luns, 27 de maio de 2024

René d'Anjou, o escudo do rei Ponthus e o emblema trevoado do Reino da Galiza

Bibliothèque nationale de France, ms. fr. 24.339


O escudo de Ponthus, fillo do rei da Galiza, nunha miniatura do "Livre du coeur d'amur epris", obra de René d'Anjou. Neste emblema "literario" inspíranse as versións do escudo do reino galego das últimas tres décadas do século XV.


O códice foi elaborado por volta de 1467 e, ademais do fantástico rei da Galiza, aparecen as armas de distintos personaxes históricos, literarios ou da cultura clásica, nomeadamente:

Bibliothèque nationale de France, ms. fr. 24.339


Philippe III de Bourgogne, dit le Bon; Luis, duc d'Orléans; Lancelot du Lac; Jean, duc de Berry; Louis II, duc de Bourbon; René d'Anjou, roi de Naples, Sicile, Aragon et Jérusalen; Carles I, duc d'Orléans; Charles IV, comte du Maine; Louis de Luxembourg, comte de Saint-Pol; Gaston IV, comte de Foix; Louis XI, roi de France; Charles I, duc de Bourbon; Louis de Beauvau, séneschal d'Anjou; Le roi David; Pâris, prince troyen; Tröilos; prince troyen; Diomède, roi d'Argos; Démophon, roi d'Athènes; Le chevalier Tristan; Charles VII, roi de France; Thésée, roi d'Athènes; Le héros Héracles; Le héros Achille; Le héros Énée; L¡empereur Jules César; L'empereur Auguste; L'empereur Néron; et L'empereur Marc-Aurèle.


O emblema para o Rei Ponthus aparece representado en dous folios distintos do manuscrito francés e con lixeiras variacións. Nun deles con cálices abertos, no outro con cálices pechados. 

Interesantísima e de relevancia manifesta é esta obra pois condicionará a versión europea do escudo do Reino da Galiza para as últimas tres décadas do século XV, como dixemos liñas arriba, pois a partir de agora o noso emblema non terá un campo espido doutros mobles heráldicos (so aparecía un cáliz ou graal - aberto ou pechado). Desta volta veremos como no campo do escudo se sementan trevos, xermolo -abofé- das futuras cruces para decorarán o mesmo emblema a partir da proclamación de Carlos V como Emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico.


Para maior información, consúltese: 




Ningún comentario:

Publicar un comentario