Poderíamos
comezar polo seu autor, mais neste caso coñecerémolo grazas ás súas obras.
Moitos foron os traballos que elabora e publica, abarcando diversas disciplinas
como a Gnomónica, a astronomía e a cartografía. Segundo se sabe, é o primeiro
autor alemán que na lingua que lle é de seu escribe sobre a cultura hebraica e o
hebreo. Non sendo menos de dúas ducias os seus títulos, os que máis nos
interesan para este capítulo teñen que ver coa cosmografía. Velaquí as que
coñecemos: Die Planetentafeln, Organa planetarum (1536), Cosmographia
universalis (1544), e De radio astronomico et geometrico liber (1558).
SEBASTIAN
MÜNSTER: LIÑAS BIOGRÁFICAS
|
Sebastian Münster |
|
Editio princeps (1544) |
Comprobamos,
logo así, que este é un autor xermánico da primeira metade do século XVI, que
vive en tempos do Emperador Carlos V e desenvolve un importante labor
intelectual en distintos eidos. Fillo dun granxeiro e de nome Sebastian Münster,
nace por 1488 (na cidade alemá de Ingelheim am Rhein), recibe a orde sacerdotal
(en 1512) e será reitor da universidade de Basilea (fundada en 1459 polo Papa
Pío II). Alén diso, debemos destacar un feito: os seus estudos, dos que se fixo
eco a sociedade renacentista, provocaron que hoxe sexa considerado un dos
maiores cosmógrafos de todos os tempos.
Falece
na cidade suíza de Basilea en 1552, deixando unha importantísima produción cultural.
A
COSMOGRAPHIA
|
Hispania na Cosmographia
de Sebastian Münster |
A obra
da facer fincapé é aquela titula Cosmographia,
que ve a luz no ano 1544 e que tivo unha repercusión enorme por toda Europa.
Segundo parece, trátase da primeira descrición do mundo escrita en lingua alemá
da que teñen saído dos tórculos non menos de dúas ducias de edicións nun mesmo
século. Por se isto fose pouco, verteuse a varios idiomas: latín (1550),
francés (1552), checo (1554), italiano (1558) e inglés (1561), tal e como nos
trae Nandini Das na obra colectiva titulada The
Oxford Handbook of English Prose 1500-1640.
Numerosísimos
son os territorios que trata esta obra. E así divulga moitos feitos históricos,
accidentes xeográficos, asuntos de interese e aspectos lingüísticos das Illas
Británicas, de Hispania (con todos os seus reinos), Bélxica e Países Baixos,
Italia... Isto no que concirne ao libro II, os restantes até o sexto (con este
incluído) abordarán introduciranse noutros territorios de Europa, Asia, América
e África.
|
Edición francesa de 1575 |
No que
respecta a “Hispania”, abundantes son os lugares, cidades e territorios que
cita; aínda que se ha centrar nos oito reinos principais: Aragón, Granada,
Portugal, Castela, León, Toledo, Galiza e Navarra. Estes, ademais, aparecen
representados cos seus brasóns reais.
OS
GRAVADOS
|
Rinoceronte de David Kandel,
nunha edición de 1598 |
A obra
destaca polos seus impresionantes gravados, concretamente xilografías, que
foron elaborados con grande mestría por varios dos mellores artistas dese
tempo. Os motivos representados non son unicamente decorativos (como letras
capitulares, recreacións florais, vexetais e animais), senón que tamén recrea o
aspecto de importantes cidades de Europa, a cartografía de países, continentes
e do globo terráqueo, personaxes históricos e incluso brasóns de armas. Nun
principio os gravados puideron ser non moi “complicados” na súa elaboración,
mais moitos deles –aínda que conservando o mesmo espírito artístico- foron
mellorando ao longo das décadas. Tanto é así que algúns escudos de armas só
estaban boquexados con coidados trazos rectos e curvos, para logo seren
sombreados en edicións vindeiras e, incluso, logo de finalizar o S. XVI, seren
coloreados manualmente.
|
Rinoceronte de David Kandel,
nunha edición coloreada |
Fermosísimos
son moitos dos animais “exóticos” alí estampados, coma o rinoceronte (que
subliña a súa fermosura nas edicións do S. XVII). Pero observamos que algúns
motivos, como este que acabamos de citar, son interpretacións de certos autores
deixados levar polo ronsel que deixaron os seus predecesores. O xilografía do
rinoceronte que realiza David Kandel é moi semellante a aqueloutra que fixera
Durero.
OS
GRAVADORES
|
Detalle de Galiza, no mapa
de Hispania |
E xa
que comezamos a tratar os gravadores, cómpre citar, ademais de David Kandel
(1520-1592), especializado na temática naturalista, aos suízos Hans Rudolf
Manuel Deutsch (1525–1571) e Urs Graf (ca. 1485-1528) e o alemán
Hans Holbein “O Mozo” (ca. 1497–1543).
|
Edición de 1546 |
Descoñecemos, de momento, quen
puido ser o gravador ou os gravadores que estamparon os escudos de armas que se
plasman nesta obra, e máis concretamente os que se corresponden cos reinos
hispánicos. O que se pode afirmar é que os catro citados estaban entre os
mellores daquel tempo nas xeografías alemá e suíza.
O BRASÓN DO REINO DE GALIZA
Segundo
analizamos as diversas edicións da obra, primeiramente os escudos dos reinos
hispánicos eran meros bosquexos (aínda así de calidade) perfectamente
executados. Logo engadíronse sombreados e os característicos efecto luminosos
para suxestionar volumes, e na edición de 1624 coloreados manualmente.
|
Edición do S. XVII |
Indicábamos
noutro lugar que foron os brasóns de Aragón, Granada, Portugal, Castela, León,
Toledo, Galiza e Navarra os representados... Por 1544 so se indicaban estes
nomes, mais logo, na edición francesa, engadiríase o concepto de royaume.
No
que afecta ao reino galego, o brasoamento é o seguinte: “sementado de cruces,
un compón ou cáliz pechado”. De querermos precisar un chisco máis, só resta
dicir que en todas as edicións aparecen seis cruces, e naquelas que son
coloreadas, o campo é azur e o copón de ouro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario