Escudo do Reino de Galiza (por Jan van Nieulandt) |
Aínda que a verdade son admirador da obra de Albrecht Dürer
(1472-1528), sobre todo dos seus gravados, de cando en vez
batemos con algún artista “menor” que, igualmente co buril, tamén nos fai desacougar. Este é o caso de Jan van Nieulandt, que foi quen de plasmar algún gravado único.
Pero esta historia quizais a poderiamos comezar en
1504, xusto cando ascende ao trono de Castela esa dama que dicían que perdera o
siso. Chamábase Xoana, e oito anos antes contraera matrimonio co “fermoso”
arquiduque de Austria, Filipe, que como fillo dos emperadores Maximiliano de
Habsburgo e María de Borgoña herda un bo número de títulos nobiliarios e multititude de territorios
(Brabante, Lothier, Namur, Borgoña..) ademais do gorentoso condado de Flandres.
Filipe "O Fermoso" |
Xoana de Castela |
Dela –que nacera en Toledo en 1479– e del –que viñera ao
mundo en Bruxas en 1478– quedan seis fillos de lexítimo matrimonio: Leonor
(Lovaina, 1498) que chega a ser raíña consorte de Portugal; Carlos (Gante,
1500) emperador do Sacro Imperio; Sabela (Bruxelas, 1501) raíña consorte de
Dinamarca, Noruega e Suecia; Fernando (Alcalá de Henares, 1503) que sucede ao
seu irmán no Sacro Imperio; María (Bruxelas, 1505) raíña consorte de Hungría e
Bohemia; e Catarina (Torquemada - Palencia, 1507) soberana consorte tamén de
Portugal.
Gravado de Nieulandt |
1)
Buxía ou Bugía – Bougie,
Alxeria (Ibugier)
2)
Murcia (Murhye)
3)
Toledo (Toleten)
4)
As Illas (Insularom)
5)
....,
6)
Menorca (Minorque)
7)
Sevilla (Sevilgen)
8)
Nápoles (Neapoli)
9)
Sardeña (Sardene)
10)
Valencia (Valenche)
11)
Navarra (Nava)
12)
Granada (Garnate)
13)
Castela (Castillie)
Escudo renacentista do Reino de Galiza |
14)
León (Leon)
15)
Aragón (Aragon)
16)
Sicilia (Secillien)
17)
Mallorca (Maiorque)
18)
Córsega (Corsice)
19)
Algarve (Allegarbe)
20)
Xaén (Jahen)
21)
Xibraltar (Gellertaris)
22)
Galiza (Gallissien)
23)
...
24)
Alxeciras (Alnazsure)
25)
Mazarón - Murcia (Mazon)
26)
...
Como se observa, ignoramos a que territorios
pertencen tres dos brasóns, porén con toda claridade son identificábeis as
armerías do reino Galego: 'sementado de cruces, un copón eucarístico'. Esta antiga
variedade do escudo galego puidese ter sido a base doutros que por ese tempo se
esculpirían en Flandres, e dos que trataremos en ocasións vindeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario