Casa Grande da vila do Baño |
Hai ben tempo fun escribindo distintos asuntos sobre un dos persoeiros máis importantes da historia moderna de Cuntis: Vicenzo Xosé de Castro Lira Lavandeira. Aínda que non nace nesta vila, si está soterrado en Cuntis (ignoramos xustamente o lugar) e si tamén decide contraer matrimonio cunha muller de moitos caudais natural de Santa María dos Baños: Dª. María Tareixa Bernaldina Antonia Taboada
Mosqueira e Caamaño Núñez de la Fuente e Rivas de Montaos, señora da casa
grande desa vila (hoxe Casa da Cultura Roberto Blanco Torres de Cuntis).
Torre do Vilar |
Vicenzo garda entre os seus patrimonios unha casa na cidade de Compostela, preto da Praza do Toral (que non toural, pois procede este topónimo de toro de leña, e non de tales animais cuadrúpedes), a torre do Vilar (en Vila de Cruces), e a casa
da Granxa (en Tui). É fillo de D. Xoán Antón de Castro Lira –señor da devandita
torre do Vilar e receptor dos Reais Alfolís da cidade de Tui– e Dª. María
Ignacia Lavandeira e Sebil.
Lareira da Casa Grande da vila do Baño |
Vicenzo, logo
de estudar na Universidade de Santiago de Composela, licénciase en Leis e Cánones; e cando aínda se podía cheirar no ambiente a
pólvora da batalla contra as tropas de Napoleón, elixirano para representar a
Galiza nas devanditas Cortes xunto con outros ilustrados da provincia de
Santiago.
Na fachada da Casa Grande da Vila do Baño (propiedade desa familia) campan dúas labras heráldicas. Unha delas, cuartelada en cruz, ten esculpidas as armas dos Castro (1º cuartel), Quiroga e Lira (2º cuartel), Quiroga (3º cuartel) e Suárez de Deza (4º cuartel). Como timbre aparece un coronel "ao voo". Idénticas armas son as que aparecen no escudo da Torre do Vilar (San Miguel de Brandariz - Vila de Cruces), mais nesta volta é un helmo o que timbra a pedra armeira.
Achegamos nestes dous documentos uns anacos da súa historia. Podedes descargar a información nos seguintes enlaces, onde se reproduce un par de textos publicados no Diario de Arousa:
Ningún comentario:
Publicar un comentario