Escudo do Reino de Galiza, realizado por Jan van Battel |
E aínda que xa temos afondado neste artista malinés, cremos importante traelo de novo até estas liñas para reencontrármonos cos símbolos heráldicos do vello reino de Galiza, estes xa do ecuador do S. XVI.
OTRAS OBRAS DE ARTHUR JAN VAN DER WYCK
Carlos III de Bourbon |
A súa arte vese nas exequias do emperador Maximiliano
(que se celebran na igrexa de Saínt-Pierre de Malinas, aló polo ano 1520) e
incluso nas de Carlos III de Bourbon ou Montpensier (1490-1527), que falece no
“Saco di Roma”. Este nobre foi VIII Duque de Bourbon e de Auvergne; Conde de
Clermont-en-Auvergne, Forez, Gien, de la Marche; Señor de Beaujeu e Delfín
tamén de Auvergne. Disto infórmasenos na Biografía
Nacional da Academia Real das Ciencias e das Letras de Bélxica (1866).
SEGUNDO TRÍPTICO DE CARLOS V
En relación coa súa especialidade, van der Wyck bosquexa,
realiza e decora con escudos heráldicos
non só aquel tríptico de Carlos V que lle encarga Margarida de Austria. Tempo máis
tarde (cando menos uns 20 anos despois), volve reformulalo cun case idéntico formato.
Nel, o monarca aparece como emperador, os escudos representados nas
táboas aumentan nunha manchea. E velaí que na peza central aparezan 30, e nas laterais –ao
igual ca no tríptico primitivo– 21 brasóns por cada peza. Así as cousas,
contamos un total de 72 escudos heráldicos, entre os que se atopa –igualmente–
o do reino de Galiza, mais noutra versión diferente a aquela de 1517.
Detalle do panel central Fotografía de Miguel Hermoso |
Do mesmo xeito que acontece no encargado por Margarida de
Austria, esta actualización (que se elabora como dixemos nos anos corenta do século
XVI), está provista dunha lenda na que se indica que Carlos, pola graza de
Deus, emperador dos romanos, é “Rei de Castela, de León, de Aragón das Dúas Sicilias,
de Xerusalén, de Navarra, de Mallorca, de Valencia, de Galiza, de Toledo, de
Sevilla, de Granada, de Sardeña (...)”.
E O REINO DE GALIZA
Emblemas heráldicos do Colexio Elector |
O proceso de elección está regulado na Bulla Aurea (1356) e os membros do colexio eran: os arcebispos de Maguncia (Kurmainz), Tréveris (Kurtrier) e Colonia; o Rei de Bohemia, o Conde Palatino do Rin, o Duque de Saxonia e o Margrave de Brandeburgo (Markgrafschaft Brandenburg). Velaí logo que teñomos que apuntar que non son estas armas propias do emperador, senón os heraldos que representan a aquel colexio que o seleccionou para portar a coroa do imperio.
Na orla do panel central, píntase o escudo dos Austria –en posición privilexiada– e, como se achegou, o de
Galiza (que resulta ser o o quinto, logo daquel citado, se contamos en sentido horario).
Desta volta, a descrición heráldica do noso emblema habería que
indicala así: “en campo de azur, sementado de cruces de ouro, un copón do mesmo
metal”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario