Escudo de Galiza no Tríptico de Arthur Jan van der Wyck |
De Mechelen, ou Malinas, é un deses grandes pintores
que durante boa parte da súa vida está ao servizo ben dos nobres ben da
casa real, para decorar diversas estancias das súas mansións, para iluminar libros, para subliñar
icónica e iconograficamente a figura de determinado prócer. Tal é o caso de Arthur
Jan van der Wyck (1477-1557), máis coñecido como Jan van Battel (en alusión ao
seu territorio de orixe).
Jan van der Wyck
Stadhuis (Casa do Concello) |
Especializado na realización de escudos de armas, as primeiras
referencias que del temos datan –aproximadamente– de 1504, cando proxecta a
decoración do templo de Sainte-Gudule, en Bruxelas. Cinco anos máis
tarde, realiza un traballo semellante para a igrexa de Saint-Jacques-sur-Coudenberg,
localizada na mesma urbe.
Quizais sexa este un autor non moi recoñecido na historia
da arte do renacemento flamengo, cando menos na medida en que se merece. A nós
espértanos a curiosidade cando contemplamos un espectacular tríptico que
realiza, para a casa do concello de Malinas, sobre o rei Carlos V.
Margarida de Austria
Grote Markt |
O motivo desta peza, coma outras moitas, ten que ver coa
propaganda política que dende a Casa de Habsburgo se intenta estender polos
seus dominios. É así que Margarida de Austria –tía de Carlos V– ordena a
realización deste fermoso –e non tan famoso– tríptico. Ela, arquiduquesa de
Austria, casara co príncipe de Asturias, Xoán de Aragón e Castela, que fora herdeiro do trono dos seus pais (Sabela e Fernando os “Católicos).
Margarida de Austria por Bernaerd van Orley |
Este edificio –construído parcialmente en 1526 polo arquitecto Rombout II Keldermans– nunca chega a ser rematado na súa totalidade até as primeiras décadas do século XX.
Antes de falecer, Margarida deixa como único sucesor ao
seu sobriño Carlos, polo que pouco a pouco o poder do soberano faise máis e
máis grande.
O Tríptico
Conservado nos museos Municipais de Malinas (Stedelijke Musea), segundo esta institución o tríptico titúlase Karel V tronend te midden van zijn territoriale bezittingen ("O trono de Carlos V, rodeado das súas posesións territoriais").
Encargado, tal e como dixemos, a Arthur Jan van der Wyck en 1516 e rematado en 1517, a súa función é "decorar" a sala da tesouraría da Casa do Concello. Custa –segundo o Catalogue du Musée, na súa décima edición, 1869– algo así como 20 floríns; mais non debemos esquecer que no momento en se que se executa o proxecto o monarca comeza a administrar os reinos hispánicos por "incapacidade" da súa nai. Isto acordárao Fernando de Aragón, o seu avó materno, nas súas últimas vontade (pronunciadas o 22 de xaneiro de 1516).
Encargado, tal e como dixemos, a Arthur Jan van der Wyck en 1516 e rematado en 1517, a súa función é "decorar" a sala da tesouraría da Casa do Concello. Custa –segundo o Catalogue du Musée, na súa décima edición, 1869– algo así como 20 floríns; mais non debemos esquecer que no momento en se que se executa o proxecto o monarca comeza a administrar os reinos hispánicos por "incapacidade" da súa nai. Isto acordárao Fernando de Aragón, o seu avó materno, nas súas últimas vontade (pronunciadas o 22 de xaneiro de 1516).
Grote Markt |
O óleo sobre madeira exponse, hogano, nunha das
grandes salas da casa consistorial e conta cunhas dimensións bastante limitadas. O panel
central mide 0.88 metros de alto por 0.58 de alto; e os dous laterais 0,90
metros por 0,25. Por conseguinte, de térmolo totalmente aberto, a peza mide 1,38
m de longo, o que o fai non moi grande.
E para subliñar o valor que se merece, non hai moito foi incluída no catálogo de obras mestras do goberno flamengo.
Armerías representadas
No panel central represéntase a un monarca mozo –que aínda non é
emperador– sentado nun ornamentado trono con cortinas de ouro. A súa cabeza
recóbrese cunha gorra de veludo carmesí, coa man esquerda terma do cetro, coa
dereita da espada e atavíase cun traxe real provisto do correspondente manto de
armiño. A figura fica rodeada por unha orla circular de brasóns, presidido polo
escudo real.
Coas faccións características dos Austrias execútase un
rostro de certa finura que harmoniza na desmesura de todo o conxunto.
No panel da esquerda hai representados 21 escudos de armas,
no da dereita outros tantos; e no central 22; o que suman 64 brasóns alusivos
aos dominios e orixes do monarca.
Debaixo da orla circular existe unha
inscrición escrita en francés que fai memoria dos títulos que, até ese momento, posúe Carlos V. Dela despréndese,
perfectamente, que o soberano –alén de moitos estados– tamén o é do reino de
Galiza:
Inscrición do panel central |
“Charles par la grace de Dieu, catholisque roy de
Castille, de Leon, d’Aragón, des deux Ciciles, de Jerusalem, de Navarre, de
Maorque, de Valence, de Galice, de Tolledo, de Seville, de Granade, de Sardene
(...), Archiduc d’Austriche, duc de Bourgougne, de Lothier, de Brabant, de
Stirie, de Carintie, de Carniole, de Limbourg, de Lucembourg et de Gueldres,
comte de Flandre, de Habsbourg, de Friole, d’Artois, de Bourgogne (...)”.
Analizando o panel central, podemos ver que o escudo que
preside todo o conxunto é o propio do soberano. Nos vértices superior dereito e
esquerdo (do observador) contémplanse os de Austria e Aragón; nos vértices inferiores,
os de Borgoña e Castela e León. Na orla circular (como dixemos presidida polo
escudo de Carlos V), e en sentido horario, están presentes os seguintes territorios e reinos: León, Dúas
Sicilias, Xerusalén, Mallorca, Galiza, Sevilla, Sardeña, Buxía, Biscaia, ...,
Granada, Toledo, Valencia, Navarra, Nápoles, Aragón e Castela.
O escudo de Galiza, timbrado con coroa real aberta, descríbese deste xeito: en campo de azur, un copón pechado de ouro.
Obsérvase Galiza nun mundo de antano,... Degoramos que
isto siga a ser presente: historia e realidade; respecto ás orixes e coherencia identitaria no universo actual.
Magnífica información sobre un artista desconocido para mí;lamentablemente mal ilustrada en lo que se refiere a la imagen de Margarita de Austria: el cuadro que se muestra no es la tía del emperador, sino la esposa de Felipe III. Espero que pueda corregirlo para que quede perfecto.
ResponderEliminarGracias
Gracias por la información... Un detalle. Paso a corregirlo. Saludos
ResponderEliminar